Na cerna do son - Foto DS
29 octubre, 2025
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres a derradeira función do mes de outubro dentro do programa cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.
A Casa da Cultura acollerá este venres, día 31, un gran espectáculo de danza, poesía e música sobre a emigración galega. Titúlase Na cerna do son e chega a Arzúa da man de Gallaecia Eventos grazas á colaboración entre o Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña para levar a cabo no noso municipio está función incluída no programa Outono das artes que impulsa o ente provincial.
Este espectáculo fusiona danza, poesía e música en directo. Tres disciplinas artísticas para render homenaxe á emigración galega ao longo do século pasado cun percorrido polas melodías e estampas que unen os continentes. Esta viaxe comeza en Galicia, percorre Latinoamérica para logo voltar a casa. O equipo artístico está formado por Luis Iglesia que pon voz á narración, polo bailarín Ricardo Fernández, Moisés Fernández ao caixón, a voz de Paty Lesta, Cristian Leggiero ao piano e encargado da dirección musical e Iván Villar á fronte da dirección artística.
O espectáculo comezará ás 21:00 horas na Casa da Cultura e a apertura de portas farase media hora antes do inicio. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade.
A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro cun monólogo, teatro cómico e actividades dirixidas ao público escolar para conmemorar o Día do Infancia.
O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza a «participar nesta gran produción que conta con artistas de primeiro nivel e que trata con moita sensabilidade un tema tan arraigado en nós como a emigración».
Ó chamado val do Incio síguelle o de Viduedo. A paisaxe é unhas veces suave i amantiña; i outras, rexa severa e grandiosa. Millor dito, os dous tipos de paisaxe danse a mao: a forte paisaxe do carballo e das fragas i a donda paisaxe dos prados e dos castiñeiro… Unha vez máis doínme de non ser pintor paisaxista. Pintaría ista terra brava de contrastes; levaría o mundo da arte ista Galicia arredada, según decía o padriño, tan diferente da Galicia do cromo e do tópico literario. Ánxel Fole. Terra Brava Andadas Fotos: Concello do Incio e DS
Aínda que pouco estudados, hai vestixios que corroboran a antigüidade do poboamento das terras de Ribadeo. Así o demostra o xacemento de Louselas (Vilaselán) onde se atoparon utensilios de pedra que datan do paleolítico. Entre os vestixios máis relevantes destacan tamén os restos das primeiras aldeas ribadenses, representadas polos poboados castrexos de Vilaselán, A Devesa, As Anzas ou Arante. Neste contexto histórico apareceron fragmentos do famoso diademo de Ribadeo, considerado como a a peza máis importante que se coñece da ourivería castrexa en territorio galego. Imaxe da praia das Catedrais, na parroquia da Devesa. Fotos: Concello de Ribadeo e DS