A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde do Pino, Manuel Taboada, visitou as zonas nas que se desenvolveu o proxecto, que abrangue un total de 10,1 quilómetros do trazado do Camiño ao seu paso polo municipio
3 noviembre, 2025
O Concello do Pino vén de completar unha actuación de mellora e embelecemento nos accesos ao Camiño Francés grazas a unha achega de 30.000 euros concedida pola Xunta de Galicia, a través da liña de axudas para infraestruturas turísticas dirixida a concellos de menos de 10.000 habitantes.
A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde do Pino, Manuel Taboada, visitou as zonas nas que se desenvolveu o proxecto, que abrangue un total de 10,1 quilómetros do trazado do Camiño ao seu paso polo municipio. As intervencións centráronse na instalación de novos elementos de mobiliario urbano e iluminación que contribúen a mellorar a experiencia dos peregrinos, ofrecendo espazos de descanso máis cómodos e zonas máis seguras e integradas na contorna.
En distintos puntos do percorrido colocáronse bancos, papeleiras e luminarias cun deseño adaptado á contorna rural e natural do Camiño de Santiago, co obxectivo de garantir unha integración harmónica co paisaxe. Prestouse especial atención ao uso de materiais e cores que respectan a identidade paisaxística da zona, evitando elementos que desentoasen coa estética rural e fomentando ao mesmo tempo unha cultura de sustentabilidade e respecto polo medio natural.
En total, colocáronse, nun traxecto de 10,1 quilómetros, 30 luminarias, 20 bancos con respaldo, 9 bancos sen respaldo e 10 papeleiras. Concretamente o proxecto incluíu, no traxecto Bugalleira-Praia de Mera, de 3.700 metros de lonxitude, 8 bancos con respaldo, 4 bancos sen respaldo e 4 papeleiras, no tramo de Currás a Petón, de 2.900 metros, 30 luminarias, 6 bancos con respaldo, 3 bancos sen respaldo e 3 papeleiras. No viario de Pedrouzo a Abelleira de 2.100 metros instalaronse 4 bancos con respaldo, 2 bancos sen respaldo e 2 papeleiras. Finalmente, no traxecto de Xesta a Frechazo Último de 1.400 metros, 2 bancos con respaldo e unha papeleira.
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, subliñou que estas melloras permiten reforzar o compromiso do Concello co coidado do Camiño e coa calidade da experiencia dos milleiros de peregrinos que chegan cada ano. “O noso obxectivo é facer do Pino un espazo máis acolledor e coherente coa paisaxe que o define”, destacou o rexedor.
Esta actuación, que forma parte da orde de axudas de Turismo de Galicia, enmárcase no esforzo da Xunta por impulsar e consolidar a actividade turística no rural galego e promover un modelo de desenvolvemento sostible. Na comarca de Arzúa beneficiáronse desta liña de subvencións os concellos de Touro, Arzúa e O Pino, cun investimento total de 90.000 euros destinado á mellora e posta en valor dos seus recursos turísticos.
(de i. a d.) El piloto británico del equipo McLaren Lando Norris, líder del Mundial de Fórmula Uno; su compañero australiano Oscar Piastri -segundo en la general- y el cuádruple campeón del mundo neerlandés del equipo Oracle Red Bull Racing Max Verstappen -tercero en el certamen- en una imagen de archivo durante el pasado Gran Premio de España, en el circuito de Barcelona-Cataluña, en Montmeló (Barcelona). EFE/Siu Wu