1 julio, 2024
O Concello do Pino anuncia o inicio da edición 2024 do programa Vai de praia, unha iniciativa xa consolidada no municipio que lle permite á veciñanza visitar os areais da costa de Galicia durante todo o verán. Este programa ofrece a oportunidade de gozar de diferentes praias os mércores dos meses de xullo e agosto.
O calendario de saídas inclúe visitas a Boiro o mércores 3 de xullo, a San Francisco en Muros o mércores 10, a San Vicente do Mar no Grove o 17, á Illa de Arousa o 24 de xullo e de novo a Boiro o día 31. En agosto, as excursións levarán ás persoas participantes a San Francisco en Muros o mércores 7, a San Vicente do Mar no Grove o día 21 e á Illa de Arousa o mércores 28.
O custo por viaxe é de 10 euros, mentres que para menores de 13 anos será de 5 euros. Un autobús percorrerá as parroquias do municipio para recoller as persoas participantes. É importante destacar que os menores deberán ir acompañados dunha persoa adulta
Para reservar praza, é necesario pagar o importe correspondente na conta que o Concello do Pino ten en Abanca (ES70 2080 0337 1131 1000 0078) ou rexistrar a documentación antes das 13:00 horas do día anterior á viaxe. Para obter máis información e realizar inscricións, as persoas interesadas poden visitar a páxina web www.opino.gal, acudir á Casa da Cultura ou chamar ao teléfono 981 511 065.