1 octubre, 2024
O campo de fútbol de Mularedos, na parroquia de Lamela, conta xa con novas redes en todo o perímetro exterior. A dotación deste novo material, substituíndo ás redes anteriores, foi adxudicada a José Raña, por un importe de 6.802,62 euros.
Este investimento levouse a cabo a través dos remanentes que lle corresponden ao Concello de Silleda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dentro da anualidade de 2023.
Con esta nova dotación, o Concello de Silleda continúa apostando pola mellora nas infraestruturas deportivas. No caso de Mularedos, a dotación de novas redes (xa que as anteriores ademais do deterioro habitual foron derribadas en parte o pasado ano por un temporal), súmase nos últimos anos á estrea de banquillos e dotación dun pozo de auga, entre outros.