O Concello de Ribeira presenta á Xunta alternativas para o emprazamento da futura residencia de maiores

A alcaldesa, María Sampedro, e demais membros do executivo local mantiveron un encontro coa conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, quen anuncia a reserva dun millón de euros inicial dentro dos orzamentos de 2026 da Xunta de Galicia para a materialización do proxecto, o cal formará parte da rede pública autonómica