13 noviembre, 2025
O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación unha nova actuación para ampliar a rede de saneamento no lugar dos Muíños, pertencente á parroquia de Oleiros, cun orzamento de 84.499,53 euros, IVE incluído. A intervención forma parte do Plan de Obras e Servizos POS+2025 e ten como obxectivo seguir mellorando a prestación de servizos básicos no ámbito rural.
Esta actuación dará continuidade aos traballos executados en 2023, cando se instalou unha primeira rede de saneamento con pozo de bombeo en Portochouzo, dentro da mesma parroquia. Aquela intervención incluíu a colocación de colectores nas vías principais, pero quedaran fóra as vías secundarias, que agora serán obxecto desta nova fase.
O proxecto permitirá dotar de saneamento aos catro ramais do lugar dos Muíños, completando así a cobertura do servizo nesta zona. Para iso, está previsto demoler o pavimento existente e instalar unha nova tubaxe ao longo de 421 metros, acompañada de 12 pozos de rexistro. Unha vez rematados estes traballos, reporase o firme cunha mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor.
O prazo de execución das obras será de tres meses, e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) ata as 23.59 horas do 27 de novembro.
Militantes del BNG impiden. el día 18 de octubre de 1985, en el Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, la retransmisión del programa "La Clave" (TVE), por motivos de "discriminación". El espacio, presentado por José Luis Balbín, estaba dedicado esta semana a "La Autonomía de Galicia", habiendo invitado a representantes de todos los partidos políticos, a excepción del BNG. Fotos: EFE, MB y DS
En medio del bosque de robles más grande y bello de Galicia, a dos leguas de Santiago, se alza, en las encantadoras orillas del río Tambre, este plácido Asilo, regalado por la Condesa de Bugallal para retiro de los ancianos pobres de Viana do Bolo y Ponteareas, pueblos de los Condes. Acaba de ser inaugurado (año 1919). Fotos: J. Solá (Vida Gallega) y AG