Nos asuntos abordados na reunión, estaba a mellora da organización dos postos para o cal se dará unha licenza impresa a cada posto que deberá estar visible para garantir que os postos instalados contan con tódolos permisos e autorizacións pertinentes evitando así, que haxa postos ilegais. Ademais disto, farase unha campaña especial para a xestión de residuos por parte dos feirantes que evite que o lixo se disperse polas rúas da cidade ou remate no mar. O vindeiro sábado 29 repartirase unha carta aos feirantes cunha normativa de obrigado cumprimento para a recollida do lixo xerado pola propia actividade.
Ao final da actividade os feirantes terán que xestionar o lixo durante a actividade de forma que se evite a dispersión pola vila e acabe chegando ao mar. Neste sentido, dende o Concello farán un recordatorio sobre esta obriga e establecerá un maior control, por parte da Policía Local, para asegurar o seu cumprimento. “O conxunto da cidadanía reclama, dende hai tempo, unha mellora nas condicións de limpeza dos espazos públicos e para conseguila non será suficiente unicamente co traballo de limpeza que realiza a empresa concesionaria deste servizo, senón que resultará fundamental a implicación de todos e todas” asegurou o alcalde. O segundo tenente de alcalde,
Vicente Mariño manifestou que “xunto co GAEM se está a atopar una maneira de implementar un dron de vixilancia para facer efectiva a nova normativa.