5 julio, 2024
O Concello de Oroso licita o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un paso significativo cara á regularización deste servizo esencial. O contrato actual, que estaba prorrogado polo anterior goberno, será substituído por un novo que incrementa as horas de servizo ata as 37.000 horas anuais.
O novo contrato, por un valor de case un millón de euros anuais, asegura a cobertura do servizo para os próximos anos. Trátase dun contrato complexo que, a pesar dos retos que implica, logrará mellorar a calidade do servizo e as condicións laborais das traballadoras.
Este esforzo reflicte o compromiso do Concello de Oroso co benestar dos nosos veciños, especialmente aqueles maiores que precisan coidados nos seus fogares. O Servizo de Axuda no Fogar é fundamental para garantir que as persoas maiores poidan permanecer nos seus domicilios con dignidade e seguridade.
A licitación deste servizo non só significa unha mellora na atención e nos recursos dispoñibles, senón tamén un avance nas condicións laborais dos profesionais que día a día coidan dos nosos maiores. Con este novo contrato, buscamos proporcionar unha atención de calidade, cumprindo coas expectativas tanto dos usuarios como dos traballadores do servizo.