O Concello de Lalín, en colaboración coa Xunta, a través do Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra, promove unha nova edición do programa Escola de Familias con charlas gratuítas ofrecidas por persoas expertas nas que se abordarán temáticas de interese para os pais e nais, explica a concelleira de Educación, Begoña Blanco.
A responsable municipal sinala que “nesta edición serán dúas charlas as que se ofrecerán no marco deste ciclo, a primeira delas terá lugar o venres, 10 de maio, a cargo de Eva Millet, periodista e divulgadora, que falará sobre <Familias: sobreprotexer é desprotexer>”.
“O luns 13 de maio será José Luis Abajo, Pirri, medallista olímpico de esgrima e coaching o que impartirá unha charla sobre <O método para conseguir os teus obxectivos>”, precisa. Neste caso como se trata dun deportista de alto nivel “queremos convidar tamén a participar a todos os clubs deportivos, entidades e asociacións relacionadas co mundo do deporte”.
As charlas son de entrada libre, non se require inscrición previa, e desenvólvense as oito da tarde no salón de actos da Biblioteca Municipal.
A Escola de Familias naceu de cooperación entre Concello e CFR a fin de darlle continuidade como unha canle de comunicación e formación coas Anpas e así mesmo sirva de plataforma de coñecemento para que as familias poidan estar informadas e formadas nos casos e temáticas de máis interese para o alumnado e as súas familias.