Os traballos comprenden a reparación dos elementos de xogo e do mobiliario, o repintado das estruturas para mellorar a súa protección fronte á intemperie, a instalación de novos xogos infantís, a substitución das lousas do pavimento de seguridade e unha limpeza integral tanto das áreas de xogo como dos valados e zonas de estancia
9 octubre, 2025
O concelleiro José Cuñarro anunciou a posta a punto dos parques infantís do Rodo e da contorna do Regueiriño, dentro dun plan municipal de mantemento que busca reforzar a seguridade, a accesibilidade e o confort das familias usuarias destes espazos públicos.
Os traballos comprenden a reparación dos elementos de xogo e do mobiliario, o repintado das estruturas para mellorar a súa protección fronte á intemperie, a instalación de novos xogos infantís, a substitución das lousas do pavimento de seguridade e unha limpeza integral tanto das áreas de xogo como dos valados e zonas de estancia.
O parque do Rodo destaca por ser o que dispón de máis sombra durante os meses de verán, o que o converte nun lugar especialmente axeitado para o ocio familiar nas xornadas de maior calor. Pola súa banda, o parque do entorno do Regueiriño é un dos máis concorridos da vila e funciona como complemento perfecto do parque infantil do Cocido, ampliando a capacidade e a oferta lúdica na zona.