7 junio, 2024
O Concello de Boqueixón convoca o campamento CREA Igualdade. Trátase dunha iniciativa gratuíta que ten como principal obxectivo crear durante a tempada estival un espazo lúdico-educativo, empregando unha metodoloxía de educación non formal, que favoreza a aprendizaxe das persoas participantes fomentando os valores humanos.
O CREA Igualdade terá lugar durante o mes de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, con entrada de 9:00 a 10:00 e saída de 13:30 a 14:00 horas, con posibilidade de aumento horario por conciliación. A maiores, este ano o Concello de Boqueixón ofrecerá por primeira vez a posibilidade de optar ao servizo de comedor, caso no que horario de recollida da mocidade se ampliaría ata as 15:30 horas.
O CREA Igualdade está dirixido a mozos e mozas de 12 a 15 anos. O número de prazas é limitado, polo que terá preferencia a rapazada que estea empadroada en Boqueixón ou escolarizada nun centro educativo do municipio.
As inscricións abriranse hoxe venres 7 de xuño e estarán abertas ata completar prazas. Para participar só é preciso enviar cumprimentada a ficha de inscrición adxunta por correo electrónico a: cultura@boqueixon.es. Para máis información sobre este servizo: Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e no teléfono 981 513 115.