4 junio, 2024
O Concello de Boqueixón organiza “Seguridade en Internet: controla as Redes Sociais”, un obradoiro gratuíto e 100% práctico dirixido á mocidade e a mediadores xuvenís. Un taller que será impartido por Charly García, especialista en Marketing Dixital de Level Art, o mércores 12 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas, na biblioteca municipal do Forte.
A participación é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Departamento de Cultura de Boqueixón, chamando ao 981 51 31 15 ou enviando un mail a cultura@boqueixon.es.
Trátase dun curso organizado polo Concello de Boqueixón, ao abeiro do Servizo se Prevención de condutas aditivas de Boqueixón-Teo-Touro, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.