21 junio, 2024
O Concello de Arzúa abrirá a piscina municipal ao público a partir do vindeiro día 25 de xuño. A apertura da piscina marca o inicio da tempada estival, que agora conta con varias melloras para o desfrute e comodidade de todas as persoas usuarias.
Entre as melloras realizadas destacan:
Incorporación de papeleras: Para manter as instalacións limpas e fomentar o coidado do medio ambiente.
Quiosco renovado: Substituíronse os materiais plásticos por materiais máis estéticos e comprometidos co medio ambiente, como a madeira.
Merenderos de madeira: Espazos cómodos para facilitar comidas e merendas.
Retirada e substitución de árbores: As árbores que metían moita porquería na piscina foron retiradas e substituídas por outras, mellorando a limpeza do recinto.
Nova pérgola: Incorporouse unha pérgola para ofrecer sombra, algo que antes non había, proporcionando un espazo máis agradable para as persoas usuarias.
Accións habituais de mantemento: Incluíndo a posta a punto da auga e das instalacións en xeral para garantir unha mellor experiencia para todas as persoas usuarias.
A piscina estará dispoñible no horario de 12:00 a 20:00 de luns a domingo e invitamos a toda a veciñanza e visitantes a achegarse e gozar destas renovadas instalacións durante a tempada estival.
Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa, comentou: «Estes arranxos son parte do noso compromiso para ofrecer espazos públicos de calidade onde todas e todos poidamos desfrutar do noso tempo libre. Conscientes de que aínda quedan melloras por levar a cabo e que abordaremos cos orzamentos do vindeiro ano, cumprindo co noso compromiso de investir no mantemento e mellora das infraestruturas ano a ano.»
Esperamos que estas melloras contribúan a facer da piscina municipal de Arzúa un lugar de referencia para o lecer e o deporte entre a nosa veciñanza.
O Concello de Arzúa está comprometido co benestar da súa veciñanza e coa mellor continua das infraestruturas públicas para ofrecer espazos de calidade. A súa misión é promover o desenvolvemento sostible e a conservación do medio ambiente, así como fomentar actividades que melloren a calidade de vida da veciñanza. Con iniciativas constantes e unha atención centrada nas necesidades das súas veciñas e veciños, Arzúa segue traballando por un futuro mellor para todas e todos.