1 diciembre, 2025
O Concello da Baña, a través da Concellería de Turismo, Deporte e Relacións Institucionais, lanzou o I Concurso de Decoración de Nadal das aldeas do municipio, unha iniciativa que busca fomentar o espírito navideño, potenciar a creatividade veciñal e poñer en valor as aldeas mediante a decoración dos seus espazos exteriores visibles desde a rúa.
Todas as aldeas do termo municipal poderán participar, creando unha decoración de Nadal nun espazo público da súa elección e deixando voar a súa imaxinación e estilo propio. A participación formalizarase mediante o envío dun vídeo de aproximadamente dous minutos que amose a totalidade da decoración instalada, acompañado do formulario de inscrición dispoñible nas bases. Os vídeos deberán enviarse por WhatsApp ao 620 980 631 antes do 19 de decembro de 2025, e o formulario poderá entregarse presencialmente no Concello ou por correo electrónico a correo@concellodabana.gal.
A decoración deberá permanecer instalada desde o 19 de decembro de 2025 ata o 8 de xaneiro de 2026, incluíndo visiblemente o texto ‘Nadal na Baña’.
A aldea gañadora será elixida mediante votación pública nas redes sociais oficiais do Concello, contabilizando o vídeo con maior número de interaccións entre o 19 de decembro e as 15:00 horas do 2 de xaneiro de 2026. Para garantir a transparencia, o Concello poderá descualificar participacións que empreguen métodos fraudulentos.
O concurso repartirá un total de 600 euros en premios distribuidos en tres lotes:
1º premio: lote de produtos de decoración de Nadal valorado en 300 €
2º premio: lote valorado en 200 €
3º premio: lote valorado en 100 €
A entrega de premios terá lugar o 5 de xaneiro de 2026, durante a tradicional Cabalgata de Reis do Concello da Baña, convertendo o evento nunha celebración colectiva da creatividade e do espírito navideño das aldeas.
Con esta iniciativa, o Concello da Baña pretende fortalecer os lazos comunitarios, incentivar a participación veciñal e consolidar as aldeas como referentes de cultura e tradición durante as festas de Nadal, promovendo un municipio máis vivo, acolledor e participativo.