12 noviembre, 2025
O Concello da Baña anunciou a apertura do prazo para que artesás, artesáns e produtoras e produtores locais poidan inscribirse e participar cos seus postos na décima edición do Mercado de Nadal, que terá lugar o domingo 14 de decembro.
Baixo o lema “A maxia chega á Baña”, este mercado consolidouse como unha cita imprescindible no calendario do Nadal bañés. Como é tradición, o evento reunirá unha ampla oferta de produtos de artesanía e gastronomía local, ideais para atopar agasallos orixinais e gozar dos sabores da nosa terra.
A programación incluirá tamén animación musical, espectáculos e as esperadas visitas dos seres máxicos do Nadal, que amenizarán a xornada para público de todas as idades.
As persoas interesadas en participar con posto poden solicitar información e formalizar a súa inscrición contactando co Concello da Baña a través dos teléfonos 981 886 501 ou 682 859 367.