24 abril, 2024
O Concello de Teo acollerá na semana do 22 ao 26 de xullo o Campus de Verán Fundación Celta 2024 by Cabreiroá, un evento dirixido á rapazada de entre 4 e 16 anos e que terá lugar nun dos campos de titularidade municipal.
Así o confirmou esta mañá a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, que mantivo unha xuntanza con membros da Fundación do club vigués. Na reunión, a rexedora agradeceu este escollese Teo para levar a cabo esta formación, a cal achega grandes valores aos rapaces e forma aos xogadores en técnica e coñecementos varios.
Durante a semana do Campus, ademais de formación técnica e deportiva, tamén haberá opcións recreativas para todos os participantes. O obxectivo, sinala o Concello, «é formar aos máis pequenos desde unha perspectiva amena e divertida». Todos os interesados poden apuntarse xa na web do RC Celta (https://rccelta.es/mais-celta/campus/).