Como é habitual, os membros de Amigos do Belén traballan divididos en grupos e seccións: dende a modelaxe e creación das figuras, ata a confección das roupas, construción de novas casas e construcións con madeira e pedra, montaxe eléctrica e ensamblaxe de motores e mecanismos para as esceas con movemento
18 octubre, 2025
O Belén Artesanal en Movemento está de celebración. Cumpre trinta anos dende que, aló por 1995, un obradoiro de manualidades dera orixe á iniciativa comunitaria máis exitosa de cantas se desenvolven en Valga. As cifras falan por si soas, con máis de 45.000 visitas nas últimas edicións, e obxectivo é o de seguir medrando.
Con esa intención traballan xa no local de Campaña os membros da asociación Amigos do Belén, que este ano adiantaron o comezo dos labores porque tamén o fará a inauguración. O Belén 2025 estrearase o último domingo de novembro para dar máis marxe a que os visitantes poidan achegarse a Valga a descubrir as novas incorporacións ao nacemento. Os cambios serán notables con respecto ao ano pasado, posto que mudará o emprazamento dalgunhas das principais estructuras e construcións que forman parte da montaxe.
Ademais, coma sempre, exporanse novas figuras e esceas, algunhas con movemento e representando moitas delas a personaxes populares e de relevancia social e política ou acontecementos que marcaron a actualidade a nivel local, nacional e internacional durante os últimos meses. Este é o segredo máis prezado que gardan os artífices do Belén, para manter a incógnita ata o día da estrea.
Como é habitual, os membros de Amigos do Belén traballan divididos en grupos e seccións: dende a modelaxe e creación das figuras, ata a confección das roupas, construción de novas casas e construcións con madeira e pedra, montaxe eléctrica e ensamblaxe de motores e mecanismos para as esceas con movemento. Os traballos arrancaron a principios de mes.
Trala apertura do día 30 de novembro, o Belén Artesanal poderá visitarse ata o 11 de xaneiro, de luns a sábado en horario de tarde e os domingos tamén pola mañá. Fóra destes horarios, os grupos poden concertar cita a través do teléfono 630 95 25 15. De feito, xa son varios os colexios que teñen fixada data para achegarse a descubrir este mundo en minatura que é o símbolo do Nadal en Valga e que está declarado de Interese Turístico de Galicia.
No mes de xuño de 1982 o Parlamento de Galicia trasladouse provisionalmente ao Pazo de Fonseca, cedido pola Universidade de Santiago de Compostela. Parte das dependencias administrativas continuaron nos baixos do Pazo de Raxoi, cedidos polo Concello de Santiago de Compostela. En Fonseca, o Lexislativo galego estivo instalado entre xuño de 1982 e febreiro de 1989. Na foto, unha sesión no Parlamento. Fotos: AG e PG