As intervencións forman parte do plan autonómico de prevención de inundacións e supoñen un investimento de máis de 250.000 euros na Arpsi Ulla-Sar, que abrangue os concellos de Rois, Brión, Padrón, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo
7 octubre, 2025
O Concello de Rois acolleu hoxe a visita da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, para coñecer os traballos de conservación fluvial que a Xunta está a executar no río Sar ao seu paso polo municipio. Na visita participaron tamén o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Manolo Cobas.
As intervencións forman parte do plan autonómico de prevención de inundacións e supoñen un investimento de máis de 250.000 euros na Arpsi Ulla-Sar, que abrangue os concellos de Rois, Brión, Padrón, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo. Está previsto actuar en preto de 68 quilómetros de ríos e regatos desta área co obxectivo de garantir a libre circulación da auga e reducir o risco de episodios de enchentes.
A conselleira, acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, explicou que no que vai de ano Augas de Galicia xa interveu en máis de 320 quilómetros de ríos en toda Galicia a través de 80 actuacións. Ademais, avanzou que a Xunta traballa xa no novo Plan de Xestión do Risco de Inundación (PXRI) 2028-2033, que recolle máis de 170 áreas de risco fluvial, incluída a Ulla-Sar.
Con estas actuacións, Rois reforza a súa protección fronte a choivas intensas e dá un paso máis no coidado do seu patrimonio natural.