O alcalde de Carballo visitou as obras da travesía de Sísamo no lugar do Outeiro

A terceira e última fase, que é a que executa neste momento a empresa Vázquez y Reino, abrangue 1.760 metros, ao longo dos cales non só se está a mellorar a mobilidade peonil e rodada, senón que tamén se están a dotar as parcelas lindeiras, nas que se están construíndo numerosas vivendas, dos servizos necesarios