O alcalde de Carballo e o presidente da Xunta asinaron un convenio de colaboración para a reurbanización da avenida de Fisterra

O convenio asinado hoxe inclúe a reurbanización integral dun treito duns 700 metros de lonxitude da avenida de Fisterra, que constitúe unha das principais vías de entrada e saída da vila, actuando como conexión directa entre o centro urbano e áreas residenciais, dotacionais e comerciais situadas no seu contorno leste