21 septiembre, 2024
Xa chega a novena edición do festival de música Psicotroita. Un sábado de música ao aire libre con entrada de balde para todos os públicos que organiza ano tras ano Tremendo Audiovisual.
O evento, que se celebra en Sigüeiro, volve traer os grupos do momento como os composteláns Ulex e as madrileñas Las Petunias. Entre o moderneo que achega todos los anos o ‘festi’ tamén a banda de punk rock galego, Samesugas, e os malagueños Airbag. Todos estes grupos poñerán as melodías para facer bailar ao público que se achegue ata o Paseo do Carboeiro.
Outro artista que fará moveras cadeiras é o arxentino e rei da psicocumbia Rolando Bruno. O músico fará o seu directo durante a sesión vermú, presentando o seu novo disco.
As pinchadas de Bigote Mix e Pidechas o Corpo completan este cartel que conta coa fidelidade un público dende 2012, ofrecendo singularidade e personalidade para despedir o verán é de balde e celébrase a partir da unha da tarde o vindeiro sábado, 28 de setembro, en Sigüeiro.