Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia
6 octubre, 2025
O Fórum Carballo acollerá nos próximos meses dúas novas accións formativas pertencentes ao Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia (persoas traballadoras desempregadas), nas que poderás formarte en dous sectores con moita demanda laboral: soldadura mig/mag e montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios. Toma nota:
Data prevista de inicio: 01/12/2025
Data prevista finalización: 13/05/2026
Horario: luns a venres de 15.30 a 20.30 h no Fórum Carballo
Horas de formación: 568, incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas
Requisitos de acceso:
Data prevista inicio: 01/12/2025
Data prevista finalización: 14/04/2025
Horario: luns a venres de 9.00 a 14.00 h no Fórum Carballo
Horas de formación: 458, incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas.
Requisitos de acceso: ningún
Solicitudes: na OFICINA VIRTUAL do Servizo Público de Emprego de Galicia (https://diplos.xunta.gal) ou na oficina de emprego.