9 octubre, 2025
A Casa do Cultura de Porto do Son acollerá o sábado, 18 de outubro, a narración oral ‘Vicio houbo sempre’ de Atenea García.
A función dará comezo a partir das 21:00 horas e a entrada será de balde ata completar capacidade.
Esta divertida e fresca proposta de narración oral está dirixida para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade.A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta.
Esta actividade está incluída no marco da campaña ‘Liberdade de ser e sentir’ da Deputación da Coruña.
No mes de xuño de 1982 o Parlamento de Galicia trasladouse provisionalmente ao Pazo de Fonseca, cedido pola Universidade de Santiago de Compostela. Parte das dependencias administrativas continuaron nos baixos do Pazo de Raxoi, cedidos polo Concello de Santiago de Compostela. En Fonseca, o Lexislativo galego estivo instalado entre xuño de 1982 e febreiro de 1989. Na foto, unha sesión no Parlamento. Fotos: AG e PG