3 agosto, 2024
O campo do río de Ponte Ledesma acolleu na noite de onte venres a oitava edición da “Noite Velada”, en Boqueixón e que conta cunha gran acollida dos veciños e as veciñas da zona. Música tradicional aos pes da histórica ponte e ás beiras do río Ulla, que estiveron iluminados coa luz de máis de 300 candeas e de 50 teas.
Este ano a música correu a cargo dos grupos locais “Muxicas da silveira” e “Raeira”, encargándose de pechar a noite o grupo “Cantos da Terra”.
O mesmo escenario do campo do río de Ponte Ledesma acollerá mañá domingo 4 de agosto, ás 20:00 horas, unha recreación da histórica “Batalla de Ponte Ledesma”, que enfrontou en marzo de 1809 á veciñanza liderada pola Xunta de Trasdeza e ás tropas napoleónicas e que se saldou con vitoria veciñal.
Eventos organizados polo Concello de Boqueixón e que pretenden, en palabras do seu alcalde: «facer unha festa de exaltación da nosa tradición e da nosa cultura»: