27 octubre, 2024
O Concello de Oroso recibiu hai uns días a visita da Directora Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia , Natalia Prieto Viso para coñecer de primeira man as obras de mellora realizadas grazas ás axudas concedidas polo seu departamento.
A representante autonómica achegouse ata os Locais Sociais de Oroso, A Gándara e Senra para coñecer ás axudas concedidas ás Asociacións de Veciños, cunha inversión total de preto de 40.000 €.
Desde o Concello de Oroso, queremos agradecer a colaboración da Xunta de Galicia e o compromiso das directivas das tres asociacións veciñais, que tanto contribúen ao benestar e á mellora dos nosos espazos comunitarios.