O alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Servizos, Medio Ambiente, Praias e Protección Civil, Miguel Vales, visitaron hoxe as obras, que executa a empresa Jardinería Arce
31 octubre, 2025
O Concello de Carballo está a realizar un investimento de 111.383,40 euros na renovación das pasarelas de madeira a través das cales se realizan os accesos ás praias de Razo e Pedra do Sal, así coma aos postos de salvamento e socorrismo ou, no primeiro caso, tamén á bibliopraia e ao miradoiro. O proxecto inclúe, ademais, a renovación de case cen metros de varandas.
O alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Servizos, Medio Ambiente, Praias e Protección Civil, Miguel Vales, visitaron hoxe as obras, que executa a empresa Jardinería Arce. Na praia de Razo, ademais da instalación das novas pasarelas, construirase un novo miradoiro, de 6,50 x 2,50 metros, coa súa varanda correspondente.
As novas pasarelas de Razo e Pedra do Sal terán entre dous e tres metros de ancho, e serán de pino tratado en autoclave. En total colocaranse 650 metros, e, como novidade, nas dúas praias colocaranse pasarelas enrolables, tamén de madeira, que ofrecen flexibilidade, adaptabilidade ao terreo irregular e facilidade de uso, ademais de proporcionar un acceso seguro e cómodo, e de ser fáciles de instalar e de almacenar.
As obras que realiza o Concello de Carballo coinciden coas que está levando a cabo tamén o Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico, a través da Demarcación de Costas, cun investimento de 1,4 millóns de euros. O obxectivo das actuacións en marcha é frear a erosión dos noiros e mellorar a calidade ambiental do espazo natural de Razo-Baldaio.
Foto de archivo con el director artístico del Festival de Sanremo, Amadeus (izda), el músico italiano Beppe Vessicchio (3-izda) con miembros de la banda italiana Le Vibrazioni y la cantante Sophie Scott (3-dcha) de la banda británica Sophie and The Giants en el escenario del teatro Ariston durante el 72º Festival de la canción Italiana de Sanremo, en Sanremo, Italia, 04 de febrero de 2022. EFE/EPA/Riccardo Antimiani