O alcalde de Oroso, Álex Doval, xunto á delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, e ao alcalde de Frades, Roberto Rey, na visita ás melloras executadas no viario de Castiñeiro Redondo
15 octubre, 2025
O alcalde de Oroso, Álex Doval, xunto á delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, e ao alcalde de Frades, Roberto Rey, visitaron as melloras executadas no viario de Castiñeiro Redondo na parroquia de Calvente, unha actuación realizada de maneira conxunta entre ambos concellos co apoio da Xunta de Galicia a través da Orde de Infraestruturas de Uso Público.
O investimento total supera os sesenta e seis mil euros e permitiu renovar a capa de rodaxe, limpar e desbrozar as gabias, mellorar o drenaxe e reforzar a sinalización horizontal, garantindo unha circulación máis cómoda e segura nunha zona rural con poboación maior e con tránsito frecuente entre Oroso e Frades.
Esta actuación enmárcase na aposta conxunta da Xunta e dos concellos pola mellora das comunicacións locais e o reforzo da seguridade viaria en zonas do rural, contribuíndo a manter vivas e ben conectadas as parroquias e aldeas que conforman o territorio.
O alcalde de Oroso destacou que estas obras melloran a calidade de vida da veciñanza e facilitan o día a día das persoas que viven e traballan no rural, mentres que a delegada da Xunta subliñou o compromiso do Goberno galego coa cooperación cos concellos e co equilibrio territorial entre o urbano e o rural.
O Concello de Oroso agradece o apoio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Frades nun proxecto que supón un avance importante para a mobilidade e o benestar da cidadanía.