12 agosto, 2024
¿Que importancia e significado ten a festa do San Roque para Melide?
Moitas cousas. En primeiro lugar, son unha das grandes festas dentro do panorama de festexos de Galicia. Máis alá do compoñente lúdico e económico obvio das festas, pois son unha fonte de ingresos moi importante para a vila, eu quería salientar o carácter afectivo, familiar e entrañable que o San Roque ten para todos e todas nós. Son unhas festas moi emotivas, tanto para os que vivimos habitualmente en Melide como para os que regresan nestas datas á terra das súas orixes.
¿Que lle pedirías aos visitantes que acoden a desfrutar da festa?
O máis importante é desexarlles a todas e todos os visitantes que se acerquen a Melide para desfrutar destes días festivos, sexan de todo Galicia, veciños da contorna, peregrinos e visitantes en xeral, unhas felices festas, e que desfruten das xornadas festivas o máximo posible, todo dentro dun xeito cívico e responsable, porque o éxito das festas é unha tarefa de todas e todos os que dunha maneira ou outra participamos nelas.
¿Que destacarías do programa de festas deste ano?
Contamos cun programa de festas importante e para todos os públicos. Actuarán as mellores orquestras do panorama musical galego: Panorama, París de Noia, Combo Dominicano…Teremos tamén formacións musicais primeira orde (de relevo) como Celtas Cortos e as Tanxugueiras. Tamén haberá espazo para as formacións de música tradicional melidás como Os Melidaos, Froto Novo, Herba Grileira e Xascariz, sen esquecernos das bandas de música que tanta aceptación sempre tiveron entre nós.