3 julio, 2024
O Auditorio Casa da Cultura de Negreira acollerá este venres día 5 de xullo ás 19,30 horas a presentación de dous libros relacionados con Camiño de Santiago: El viaje al fin del mundo. Los buscadores, de Manuel F. Rodríguez y El Camino de Santiago. Doce siglos de historia, de Manuel Garrido.
A obra de Garrido, publicada por Alianza Editorial, fai un repaso xeral aos mil douscentos anos de historia do Camiño de Santiago tanto en España como no resto de Europa. Entre as súas novidades inclúe un amplo apartado dedicado ao renacer do mundo xacobeo a nivel internacional desde os pasados anos cincuenta. En canto á novela de Rodríguez, editada en galego en 2016, e agora en español a proposta da editorial madrileña Evohé, especializada en novela histórica e literatura de viaxes, parte do roubo en 1906 na catedral compostelá da cruz grega de Alfonso III. Era unha xoia de ouro e pedras preciosas doada ao apóstolo Santiago no ano 874 por dito monarca e que adoraran os peregrinos europeos con gran admiración durante séculos.
As súas obras presentáronse xa, de forma conxunta ou por separado, en Madrid, Segovia, Burgos, Jaca, Pamplona, Sao Paulo (Brasil), etc. En Galicia, a presentación inicial tivo lugar a finais do pasado ano en Santiago de Compostela, con outras posteriores en Ourense, Lalín, Fisterra, Cee, Sarria etc. Os autores están xa convidados a outras presentacións en Galicia e en máis cidades de España nos próximos meses.
O evento, ademáis, contará cun recital de guitarra clásica a cargo de Xosé Guzmán.