13 septiembre, 2024
A Residencia de Maiores de Silleda celebrou hoxe, venres 13 de setembro, o aniversario da súa residente máis veterana. Luisa Mendoza García, natural de Bodaño (Vila de Cruces), fai este domingo 101 anos.
Cunha gran lucidez, e malia ter problemas de mobilidade, Luisa é coñecida no centro polo seu gran sentido do humor e as súas inxeniosas respostas.
Nai de 8 fillos, ten ademais 12 netos e 5 bisnetos, que celebrarán o aniversario canda ela cunha festa familiar este domingo día 15.
O persoal da residencia así como a alcaldesa, Paula Fernández, a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño e os titulares de Medio Rural, Asunción García, e Medio Ambiente, Manuel Requeijo, acudiron ao centro para felicitar a Luisa en nome da veciñanza de Silleda.