28 noviembre, 2025
O Concello de Lousame dará un paso cara unha maior transparencia financeira ao anunciar a eliminación das achegas aos grupos políticos municipais nos orzamentos de 2026. Así o comunicou o alcalde, Esteban Ares García, durante o pleno ordinario celebrado onte xoves, no que tamén se aprobou por unanimidade a xustificación das achegas correspondentes aos anos 2023 e 2024.
“Considero que estas achegas son unha fonte de problemas e, no momento no que estamos e no contexto que nos rodea, creo que é unha forma de ser máis transparentes e evitar complicacións de cara ao futuro, tal e como vemos noutros sitios”, explicou Ares García. O alcalde puntualizou que esta medida se incluirá nos orzamentos de 2026, eliminando completamente a partida destinada aos grupos políticos municipais.
O anuncio produciuse tras a aprobación das xustificacións das achegas de 2023 e 2024, despois de que todas as facturas non xustificadas, tanto do grupo socialista como do grupo mixto, foran reintegradas. Grazas a este reintegro, que inicialmente motivara reparos por parte da Intervención Municipal, a conta xustificativa quedou a cero e a aprobación realizouse sen debate, xa que ningún grupo da oposición tomou a palabra.
A sesión plenaria mantivo esta mesma unanimidade no resto de puntos, entre os que se inclúe a aprobación dunha bonificación do 95% do IBI para inmobles nos que se desenvolvan actividades agrogandeiras do sector primario e unha modificación de crédito de 51.611 euros para o pagamento de facturas. A sesión iniciouse coa lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero, a cargo da concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo.
Militantes del BNG impiden. el día 18 de octubre de 1985, en el Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, la retransmisión del programa "La Clave" (TVE), por motivos de "discriminación". El espacio, presentado por José Luis Balbín, estaba dedicado esta semana a "La Autonomía de Galicia", habiendo invitado a representantes de todos los partidos políticos, a excepción del BNG. Fotos: EFE, MB y DS
En medio del bosque de robles más grande y bello de Galicia, a dos leguas de Santiago, se alza, en las encantadoras orillas del río Tambre, este plácido Asilo, regalado por la Condesa de Bugallal para retiro de los ancianos pobres de Viana do Bolo y Ponteareas, pueblos de los Condes. Acaba de ser inaugurado (año 1919). Fotos: J. Solá (Vida Gallega) y AG