2 julio, 2024
Oroso acometerá obras no Polígono Industrial de Sigüeiro nos seus viais a través dun proxecto de mellora das infraestruturas de parques empresariais. A actuación inclúe a pavimentación das Rúas Mesía e Curros Enríquez e a Avenida Álvaro Cunqueiro.
O proxecto de mellora ascende a 150.000€ onde, tras a reunión mantida entre representantes do ZES (Zona Empresarial de Sigüeiro), o alcalde de Oroso, Alex Doval e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. A Xunta de Galicia formará parte activa da mellora do polígono a través dunha liña de financiación aportando 130.000€ á actuación que se vai realizar.
Para o alcalde, Alex Doval, “a mellora dos viais do polígono era algo necesario xa que existe un gran deterioro pola fluxo diario de camións de alto tonelaxe que acceden a cargar ou descargar a súa mercancía nas naves industriais ubicadas no parque empresarial así como dotar cunha beirarrúa á avda. Álvaro Cunqueiro no seu tramo final cara o casco urbano de Sigüeiro.