O concelleiro de Deportes, Carlos Barreiro, e a concelleira de cultura, Maria Requejo, xunto cas demais autoridades, acompañando os gañadores da IV Media Maratón e 10 Km do Camiño Inglés
5 julio, 2025
Este sábado o concello de Oroso acolleu a cuarta edición da Media Maratón (21 km) e da proba de 10 km sobre o histórico trazado do Camiño Inglés. Organizada pola Sociedade Deportiva Compostela‑Tambre‑Lengüelle cunha estreita colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e da Federación Galega de Atletismo, a xornada comezou ás 10:00 h na igrexa de Ardemil (para a Media Maratón) e ás 10:20 h en Ponte Pereira (para os 10 km), rematando ambas na piscina municipal de Sigüeiro. Además, celebráronse probas xuvenís de 3 km (14–17 anos) e 1,5 km (10–13 anos) pola tarde.
As inscricións pecharon o 2 de xullo con prezos de entre 2 € (xuvenís) e 15 € (Media Maratón), coa recollida de dorsais pola mañá na liña da meta. A organización facilitou autobuses gratuítos desde Sigüeiro ata os puntos de saída, con avituallamentos líquidos e sólidos repartidos ao longo das rutas, así como servizos médicos, ambulancias e masaxistas dispoñibles en toda a proba.
Ambiente e apoio gastronómico
Unha das grandes novidades foi a presenza da foodtruck “Galicia Sabe Amar”, da Xunta de Galicia, que ofertou unha selección de produtos do mar galego na meta, contribuíndo a unha xornada deportiva cun ambiente espectacular, natureza e deporte en estado puro.
Gañadores e clasificacións
Os gañadores desta edición foron, na Media Maratón: David Santos Dominguez (masc.) e Nati García Sánchez (fem.), na proba de 10k: Amadeo Abal Chave (masc.) e Ainoa Gontán Iglesias (fem.), na proba de 3k: Xoel Otero Rial (masc.) e Lucía Taboada Codesido (fem.), e na proba de 1,5k: Jairo Gontán Iglesias (masc.) e Noa Monteagudo Mirás (fem.).