4 agosto, 2024
A Festa de Interese Turístico de Galicia do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino remata esta noite.
Na xornada de onte Pedro Moreno e Greg Rowbottom ofreceron un espectáculo de motocross e pola noite Ailá e a Banda de Música de Arca deron a nota musical do evento. Este domingo pola mañá tivo lugar a apertura da Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira, e ao mediodía entregáronse os premios dos mellores exemplares.
Xunto á exaltación do galo piñeiro, O Pino organiza tamén unha das máis importantes mostras cabalares de Galicia na que compiten os mellores equinos.
Entre os asistentes atopábase o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, para dar o seu apoio a este evento que é un símbolo de calidade gastronómica e do respecto ás tradicións dos seus veciños.