28 octubre, 2025
O Concello de Frades alcanzou un fito financeiro histórico ao reducir a cero a súa débeda bancaria. Así se decidiu onte durante unha sesión plenaria extraordinaria na que o Pleno aprobou por unanimidade un suplemento de crédito de 63.000 euros destinado a amortizar o préstamo contraído para a construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira.
“Con esta amortización, o Concello de Frades queda con débeda bancaria cero e tampouco ten débeda ningunha con provedores”, destacou o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel Ferreiro Marzoa. Esta medida financiarase con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais, que, segundo indicou o alcalde Roberto Rey, ascende a 241.910,66 euros e procede da Liquidación do Exercicio 2024. Estes datos confirman que o municipio cumpre cos criterios de estabilidade orzamentaria.
Ademais, o Pleno abordou a participación de Frades no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ Adicional 4/2025), que tamén se aprobou por unanimidade. Ao municipio correspóndenlle 177.240,15 euros, dos cales máis de 107.000 euros serán investidos en obras concretas: o aglomerado da pista de acceso á igrexa de Aiazo e o aglomerado do tramo entre o cruce de O Prado (Papucín) e a estrada AC-524.
O resto da subvención, uns 70.000 euros, destinarase a gasto corrente, incluíndo tarefas de mantemento de accesos a núcleos de poboación, limpeza de cunetas e bacheo, segundo explicou Roberto Rey. Estas actuacións reflicten o compromiso do Concello con mellorar a seguridade e a calidade das infraestruturas locais.
Baixo o lema Defendamos a paz e os dereitos humanos, o certame amesán reafirma a súa vocación internacional a través de tres eixos: a súa selección oficial de curtametraxes chegadas de 21 países, un xurado composto por profesionais de varios países e a participación como festival convidado de Curtinhas, a sección infantil do prestixioso Curtas Vila do Conde (Portugal)