3 agosto, 2024
Un ano máis Padrón celebra a Festa do Pemento de Herbón. Este evento, consolidado como unha das maiores festas gastronómicas de Galicia, converteuse de novo nun auténtico tributo a un produto que ten un lugar especial nas mesas de todos os galegos pero que tamén ocupa un lugar especial na gastronomía de fóra.
Durante esta xornada repartíronse 1500 kilos e máis de 3500 racións. Unha ensaltación enorme da posición que ten este produto nos platos dos galegos e que toca gozar durante estes meses mentras aínda están en temporada.
Os Mersenarios e a charanga Noroeste animaron a xornada deste sábado dende primeira hora da mañá. Seguida da misa campestre, coa bendición e inauguración oficial da festa ás 11:00 horas. O desfile dos tractores engalanados transformou as rúas de Padrón nun mar de cores e risas, cun récord de ata 30 vehículos agrícolas participando na procesión. Para rematar coa ofrenda floral á estatua da pementeira da man das institucións alí presentes.
O punto culminante da xornada chegou ás 13:30 horas coa intervención de Alberto Félix Traversa Correa, co-edirector da revista especializada La Alacena Roja quen, co seu pregón, capturou a esencia e a importancia dos pementos de Herbón. Ademais de desvelar que unha figuriña dun pemento de Herbón o acompaña sempre nas súas viaxes en coche, resaltou non só o valor gastronómico senón tamén o papel fundamental deste produto no patrimonio cultural galego. A entrega de premios aos tractores participantes, presentada por Héctor Bermúdez de Radio Valga, engadíu un toque de recoñecemento e celebración