O alcalde de Oroso, Álex Doval, e o concelleiro de Medio Rural, Carlos Mosquera, xunto co alumnado que obtivo o carné oficial de manipulador de produtos fitosanitarios
15 noviembre, 2025
O Salón de Plenos do Concello de Oroso acolleu o acto de entrega dos carnés oficiais de fitosanitarios ao alumnado que superou con éxito o exame correspondente á formación en manipulación de produtos fitosanitarios. Trátase dunha acreditación imprescindible para o desenvolvemento de diferentes tarefas no ámbito agrícola, especialmente aquelas relacionadas co uso seguro e responsable destes produtos.
No acto participaron representantes municipais, que felicitaron ás persoas que completaron a formación e superaron as probas, destacando o seu esforzo, compromiso e implicación profesional. Así mesmo, subliñaron a importancia de promover unha formación continua que garanta prácticas agrícolas seguras, sostibles e respectuosas co medio ambiente.
Unha formación clave para o sector agrícola local
A obtención deste carné permitirá ás persoas acreditadas:
O Concello de Oroso agradece a participación de todo o alumnado neste curso e reafirma o seu compromiso con ofrecer formación útil e de calidade, que impulse o desenvolvemento profesional e económico do municipio.