8 junio, 2024
Este sábado, o Concello de Padrón celebrou o Día da Bicicleta cunha marcha non competitiva na que participaron 80 persoas de todas as idades. Tanto é así que o máis veterano en completar os 15 km de percorrido foi Mario Alfonsín, que acabou de cumplir 81 anos, mentres que o máis cativo tiña tan só un ano de idade.
Despois de visitar as instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo e de facer unha xincana no paseo do Espolón para preparar as pernas, a comitiva comezou o percorrido de 15 quilómetros por Padrón, Extramundi, Iria, a desembocadura (onde estaba o punto de avituallamento) e as brañas de Lestrove. O concelleiro de Deportes, Luis Mariño, pechou a comitiva.
Ao rematar, sortearonse diferentes agasallos entre os participantes, que foron doados polas empresas colaboradoras. O premio estrela foi unha bicicleta BH sorteada polo Concello de Padrón, que gañou Vanesa Loureiro García.
O Día da Bicicleta, organizado pola Concellería de Deportes de Padrón, contou coa colaboración da Deputación da Coruña, Oliveira Bike, Casa Grobas, Deportes Estornela, CC Padronés Cortizo, A de Mario e Onnyx Eyewear.