Cun atraso considerable sobre a hora de saída programada para este domingo, xa eran as 10.30 h. e o nordés sopraba con moita forza, non deu tregua ata ben pasado o mediodía, deixando refachos por encima dos 30 nós, inadecuadas para nenos e nenas de iniciación que se estreaban en competición nesta regata, despois do seu paso polas escolas de verán das súas respectivas entidades náuticas.
Puidéronse celebrar tres mangas para os de escola e os dous restantes de Optimist xeral, que coas catro validadas o sábado chegábase a completar o programa deportivo da Regata GADIS.
En Optimist xeral vencía o regatista do Náutico de Ribeira Daniel Iglesias, empatado a puntos co segundo que foi o seu compañeiro de equipo Enzo Ferrón, líder da primeira xornada. Ambos asinaron unha gran Regata GADIS, do mesmo xeito que o bronce, que foi Antía Díaz, de Ribeira, premiada tamén como primeira muller clasificada, sendo segunda Carlota Casanova, do Real Club Náutico de Vigo.
Nos Sub 13 venceu Iván González, seguido de Pedro Carreira, sendo terceiro Alejandro González, os tres de Ribeira. Como primeira clasificada nesta categoría foi Emma Franco, de Ribeira.
E xa dentro do grupo dos Sub11, Regata GADIS para Roque Mayoral, do Náutico de Vigo, seguido por Xian Somoza, de Ribeira, na prata, con Carlos Traveso no bronce, de Vigo.
Respecto a as mozas Sub11 subiuse todo o máis alto do podio Martina Casanova, do náutico vigués, con Beira García no banzo intermedio, pechando o caixón Triana García, as dúas de Ribeira.
En Escola, que hoxe disputaron a súa Fase Final tras a eliminatoria do sábado e a repesca, proclamouse campión da Regata GADIS Pablo González, seguido na prata por Ian Otero, co terceiro banzo do caixón para Jaime Otero, os tres do Náutico de Ribeira. Campioa feminina foi Julia Abeijón, tamén de Ribeira.
A entrega de premios celebrouse ás seis e media da tarde, presidindo o acto José Luís Torres Colomer, presidente do Club Náutico Deportico Ribeira, acompañado polo Tenente de Alcalde de Ribeira, Vicente Mariño; o seu Concelleiro de Mar, Fernando Abrales; a presidenta da Cruz Roja de Ribeira, Ángeles Cores; o delegado de Portos de Galicia Marcos Sampedro; e os directivos do Náutico, José Luís Lomba, Xusto Arevalillo e José Díaz.