Concluídas as obras de pavimentación interior na Esquipa, en Cereixo

Os traballos consistiron na pavimentación en formigón semipulido das vías interiores do núcleo, así como a instalación dunha nova rede de sumidoiros dotada dun sistema de recollida de augas pluviais mediante rígola central e imbornais, co obxectivo de optimizar a evacuación da auga e evitar acumulacións os días de choiva