O concelleiro José Cuñarro Torres visitando as obras
21 mayo, 2024
O concelleiro de Obras, José Cuñarro Torres, visitou as obras de inicio dos traballos de
execución do sistema de saneamento na parroquia de Anseán, concretamente no lugar
de Soutullo, o núcleo máis grande desta pequena parroquia lalinense.
As obras están sendo levadas a cabo pola empresa Aquadeza ao entrar dentro do canón
que se comprometeu a executar con cargo a adxudicación do contrato de servizo de
abastecemento de auga e saneamentos do Concello de Lalín.
Os traballos consisten nestes días na execución das gavias e zanxas para a
colocación das tubaxes que conectarán as distintas vivendas e que servirán de eixos
troncais ao sistema de depuración de augas residuais. Todas estas tubaxes conectaranse
coa depuradora que se instalará no fondo do lugar e que se encargará do procesado das
augas negras antes de ser devoltas ao río.