Cee e Vimianzo lideran as vendas do programa MercaNaVila da Deputación nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte

A deputada de Emprego, Rosa Ana García, acompañada da alcaldesa de Vimianzo e deputada provincial, Mónica Rodríguez, das concelleiras María José Pose e Beatriz Pazos e a presidenta da Asociación local de comerciantes, Rocío Santos, visitou hoxe varios dos 23 comercios de Vimianzo adheridos ao programa MercaNaVila para coñecer as impresións dos e das comereciantes, que destacaron o impacto da medida nas vendas e demandaron unha ampliación do prazo para poder realizar as compras, que remata este xoves, 20 de novembro