Camila, todo un orgullo para Oroso
7 julio, 2025
Camila Casagrande, natural de Deixebre (Oroso), conseguiu o 3º posto no Campionato de España Júnior de Kickboxing, celebrado en Guadalajara na categoría Cadete Maior Kick Light −60 kg feminino. Este logro pon un broche de ouro a unha temporada brillando en diferentes disciplinas.
Outras vitorias na tempada
Ademais do éxito no kickboxing, Camila proclamouse campioa da Liga FITE Galicia 2025 de Taekwon‑Do ITFU na final celebrada o 5 de abril no Liceo de Noia, onde levou o ouro en Combate Infantil Femenino grupo A.