27 junio, 2024
O Concello de Boqueixón adhírese un ano máis á campaña de sensibilización “Liberdade de ser e sentir!”, promovida dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña. Co gallo da conmemoración do 28 de xuño , Día da diversidade sexual, apostamos por difundir unha mensaxe de igualdade, de defensa da diversidade e por visibilizar a importancia da tolerancia e o rspecto das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. Polo respecto, a integración e a igualdade.
Se desexas coñecer máis desta campaña “Liberdade de ser e sentir!” e da programación preparada para este ano, preme neste enlace. Nesa web terás acceso a faladoiros, contacontos, obras teatrais e diverso material audiovisual que se irán subindo nestes días.
A maiores, se te achegas pola casa do concello poderás levar unhas pulseiras de agasallo, co arco da vella e a lenda da campaña: “Liberdade de ser e de sentir!”, así como material informativo sobre a mesma.