9 julio, 2025
Na natureza todo ten o seu propio ritmo. Solo parándonos poderemos velo. Os baños de bosque ou Shinrin – yoku é unha terapia orixinaria de Xapón que permite baixar o ritmo, espertar os sentidos e relaxarte. A idea é vivir a túa propia experiencia sensorial a través de pequenas actividades propostas por unha guía que che permitirán conectar co entorno, probar unha nova maneira de gozar da natureza, favorecer a relaxación e os estados de ánimo positivos e desfrutar dunha actividade de calma e benestar en grupo.
Conduce: Cooperativa Amarelas da man dunha experta – facilitadora certificada de Shinrin-yoku https://www.instagram.com/amarelas.scg?utm_source=ig_web_button_share_sheet&igsh=ZDNlZDc0MzIxNw==