No que vai de ano un total de 26 nenos/as resultaron beneficiarias destas axudas pertencentes a 25 unidades familiares lalinenses
11 octubre, 2025
O concelleiro de Política Social, Avelino Souto, e o de Agricultura, Marcos Mariño, entregaron as cestas de benvida á natalidade a 10 familias, resultando beneficiarios/as 5 nenas e 5 nenos, na que é a terceira entrega deste ano 2025. Estas cestas están compostas por varios produtos básicos para o coidado dos recén nacidos e como recibimento que o concello fai por estes novos lalinenses.
As familias beneficiarias son de:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o ano 2025. Para aqueles nacementos, adopcións ou constitucións de tutela que se produzan no mes de decembro de 2025, o prazo estará aberto ata o 20 de xaneiro de 2026.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios/as destas axudas aquelas persoas que sexan proxenitoras dunha crianza nacida entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025; adoptantes ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos dun/dunha menor, sempre que a constitución da adopción ou a declaración de garda con fins adoptivos teña lugar entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025; ou que sexan titores/as dun/dunha menor, sempre que a constitución da tutela se faga entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025.
Requisitos
Todas as persoas integrantes da unidade familiar deben figurar empadroadas no Concello de Lalín no momento da presentación da solicitude e permanecer empadroadas durante os dous anos seguintes á concesión da axudas. Este requisito será comprobado de oficio polo órgano instrutor do procedemento e o seu incumprimento dará lugar ao reintegro da axuda percibida.
No que vai de ano un total de 26 nenos/as resultaron beneficiarias destas axudas pertencentes a 25 unidades familiares lalinenses.