Aspaber rende homenaxe a Evencio Ferrero “polo seu compromiso social durante 22 anos como alcalde de Carballo”

Evencio Ferrero agradeceu a homenaxe e puxo en valor o traballo de todo o equipo de Aspaber, declarando que “oxalá outros moitos concellos miren o exemplo de Aspaber e dean oportunidades para que todas as persoas teñan dereito a unha vida digna”