Unha serie de espectáculos que abordan diversos temas.
14 noviembre, 2024
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa programa o Día da Infancia con motivo da conmemoración do Día Internacional do Neno o 20 de novembro con espectáculos para escolares en horario lectivo. Trátase dun conxunto de espectáculos nos que se traballan diversos temas como a igualdade, o fomento do uso da lingua galega e a saúde mental.
Os nenos, nenas, mozos e mozas dos centros educativos de Arzúa poderán participar de balde nas actuacións que se celebrarán na Casa da Cultura a vindeira semana.
A primeira sesión será o luns, día 18, para o alumnado de Educación Infantil que poderá gozar dunha actuación musical a cargo do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona co seu espectáculo Un soño é… no que compartirán soños e temas novos, pero tamén, como sempre, os seus temas clásicos, bailes, sorrisos e moitas ganas de pasalo en grande.
O martes día 19 será a quenda para o alumnado de 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria que participará no espectáculo As palabras perdidas de Inventi Teatro cunha proposta dinamizadora do uso da lingua galega entre a infancia e que promove o coñecemento da lingua e de palabras que van perdendo uso e falantes.
Outra proposta destinada aos escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria terá lugar o mércores 20. Será a quenda para Oviravai co espectáculo O violino de Luísa creado a partir da obra de Verónica Santalices con ilustracións de Lara Méndez da editorial Galaxia que parte da figura da poeta para narrar un conto no que A Coruña perde a música e a poesía e a protagonista vive unha aventura para recuperalas.
O xoves 21, os mozos e mozas da ESO asistirán a unha función de teatro da man de Empatía Teatro e a representación de Esas cousas marabillosas, unha peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos.
E, por último, a Escola Infantil de Arzúa acollerá o venres 22 a actividade O son que me arrola, unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.
O Concelleiro de Cultura, José Luís García, destaca a importancia deste programa que «asegura a participación de todas as nenas e nenos do municipio dando acceso así á cultura desde a infancia nunha iniciativa á que acudirán máis de 500 escolares».
Vista del Bernabéu adaptado para el fútbol americano este viernes en Madrid con motivo de la celebración por primera vez en España de un encuentro oficial de la temporada regular de la National Football League (NFL) entre los Miami Dolphins y los Washington Commanders, que se disputará el próximo domingo. EFE/ Daniel Gonzalez