Campaña #RedescubreTeo2024
17 mayo, 2024
Turismo de Teo dentro da campaña #RedescubreTeo2024 oferta esta andaina guiada e teatralizada na ruta Per caminho de Lampai da mán do Grupo de teatro Os Quinquilláns Teatro.
Esta ruta ten como fío condutor o poema que un trobador medieval, Xoán Airas, dedicou á súa namorada cando marchaba para Portugal atravesando este territorio e sérvenos de escusa para visitar os impresionantes marcos medievais que aínda se conservan en Teo. Pero será, en realidade “unha viaxe no tempo” pois ademáis de mergullarnos no medievo, faremos un repaso por outras épocas que conforman a historia desta aldea pero que representan a historia do Concello e a memoria que non debemos esquecer.
Tipo de percorrido: Circular de 4 km con saída e chegada na capela de Santa Ana (Agrela, Lampai).
Nivel de dificultade: Media – Baixa
Duración: 3 horas aprox