Ao redor de 160 persoas saíron o pasado sábado 27 de setembro á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por «Con Ataxia pero Sin Límites» coa colaboración do Concello de Camariñas.
A andaina comezou no paseo marítimo da Ponte do Porto cara a Cereixo, ida e volta. Ao remate houbo inchables, pinchos, callos e sorteos. Ademais, o evento contou cunha exposición de coches clásicos.